CULTURA
David Amor e Josito Porto, fronte a fronte na comedia "Go Home" que chegará ao auditorio o sábado 19 Os humoristas e actores David Amor e Josito Porto, este de Vilagarcía, estarán fronte ao fronte o vindeiro sábado 19 no auditorio de Vilagarcía, a partir das 20:00 horas. Será na representación da comedia "Go home", dirixida por Tito Asorey e producida por Etiqueta Negra. As entradas acaban de saír á venda, a un prezo único para as tres seccións do auditorio (A, B e C) de cinco euros. Como vén sendo habitual, os desempregados, os maiores de 65 anos e os titulares de carné xove poderán adquirir un ticket bonificado por unicamente 3 euros. Nun e noutro caso -entrada xeral ou bonificada- hai que incluír os gastos de xestións. Con todo, de non esgotarse, os pases poderán adquirirse o mesmo día do espectáculo na billeteira do auditorio neste caso sen gastos adicionais.
02.10.2024. Go Home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias turísticas lle podían ofrecer. Todas menos unha: un viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levarao a pasar a noite no Cebreiro, comezando así unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo ou a sorpresa.
Complementando os papeis protagonistas de David Amor e Josito Porto, en "Go home" participarán tamén José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto.