_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Lorenzo Silva e Noemí Trujillo presentan en Vilagarcía a “La innombrable”, a última aventura da inspectora Manuela Mauri

A segunda xornada do Vilagarcía, Cidade de Libro, a do mércores 12 de xuño, chega cargada de misterio e cun cartel repleto de grandes autores galegos e de ámbito nacional. Baixo o epígrafe “VGA en negro” desfilarán polas casetas de firmas Pedro Feijoo, Arantza Portabales e Rober Cagiao, xunto con Noemí Trujillo e Lorenzo Silva, estes dous para presentar unha nova aventura da inspectora Manuela Mauri, a protagonista da saga policíaca da que xa levan coescrito tres novelas. A última, “La innombrable”. Os cinco autores especializados no thriller protagonizarán a Conversa ao Solpor a partir das 20.30 horas no escenario principal do Parque Miguel Hernández. O xornalista Carlos Crespo moderará a sesión na que o público tamén poderá intervir.
11.06.2024.- A axenda do día na Cidade de Libro ábrese o mércores coa xincana literaria na que, a partir das 10.00 da mañá, participarán escolares dos distintos centros educativos do municipio. As casetas da exposición e venta de libros abrirán as portas ás 18.00 horas.

Á mesma hora, no espazo infantil de O Recuncho dos Contos comezará o espectáculo familiar “Contos para cagar patatiñas”, unha sesión de relatos contados por Brais das Hortas na que non faltarán a música, o humor e os efectos especiais, e na que o público poderá interactuar.

Ás sete da tarde e no mesmo escenario desenvolverase “O club de cazadores/as de misterios”, unha actividade dirixida polos monitores de Corticata na que os asistentes aprenderán a investigar superando retos que lles permitan acceder a este selecto club.

Convención de investigadores de ficción

E a xornada rematará coa esperada Conversa ao Solpor en cuxo faladoiro, de seguro aparecerán personaxes tan coñecidos como a parella da Guarda Civil formada polo subtenente Bevilacqua e a sarxento Chamorro de Lorenzo Silva; a xa mencionada inspectora Manuela Mauri creación deste e de Noemí Trujillo; as inspectoras Paola Gomez e Lola Sallas das novelas de Rober Cagiao; o inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso creados por Arantza Portabales, ou a xornalista Marosa Vega, protagonista de “Ninguén” contará a verdade” de Pedro Feijoo.

RESEÑAS DOS AUTORES

LORENZO SILVA (Madrid, 1966) é un dos grandes referentes da literatura contemporánea e as súas novelas policíacas e históricas suman máis de dous millóns e medio de lectores. Escribiu, entre outras, “La flaqueza del bolchevique” (finalista do Premio Nadal 1997), “Carta blanca” (Premio Primavera 2004), “Recordarán tu nombre”, a «Trilogía de Getafe», “Castellano”, “Nadie por delante” e “Púa”. É autor do libro de viaxes “Del Rif al Yebala. Viaje al sueño y la pesadilla de Marruecos” e de “Sereno en el peligro” (Premio Algaba de Ensayo). Súa é tamén a serie protagonizada polos investigadores Bevilacqua e Chamorro: “El alquimista impaciente” (Premio Nadal 2000), “La marca del meridiano” (Premio Planeta 2012) e “La llama de Focea”. Xunto con Noemí Trujillo, firma una serie policíaca que consta x a de tres entregas, “Si esto es una mujer” (2019), “La forja de una rebelde” (2022) e “La innombrable” (2024)

NOEMÍ TRUJILLO (Barcelona, 1976) é escritora e estudante de Humanidades. Ten publicado catorce poemarios, libros infantís e xuvenís i é coautora, xunto con Lorenzo Silva, das novelas “Si esto es una mujer” (Destino, 2019), “La forja de una rebelde” (Destino, 2022) e “La innombrable” (2024) da inspectora Manuela Mauri. “La maternidad era eso” é o resultado de catro anos de investigación académica nos que a autora centrouse no estudo da maternidade como tema literario.

PEDRO FEIJOO (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019) e «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela. Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás. A súa última novela é “Nadie contará la verdad” (2023) Premio Xerais de Novela.

ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ (San Sebastián, 1973) é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.
Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos : “A Celeste la compré en un rastrillo” (Zaera Silvar, 2015). Ese mesmo ano, a súa novela en lingua galega, “Sobrevivindo” (Galaxia 2015) resultou vencedora do XV Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia.
A súa segunda novela “Deixe a súa mensaxe despois do sinal,” (Galaxia, 2017) foi traducida ao castelán pola Editorial Lumen, ao italiano (Solferino, RCS group), ao hebreo (Keter books) e ao alemán (BTB- Penguin Random House) e levada ao teatro pola Compañía Tanttaka. No ano 2021 foi galardoada co Premio á mellor novela europea traducida do Casino de Santiago de Compostela.
En maio de 2019, publicouse a súa terceira novela “Beleza vermella”, pola editorial Galaxia, conxuntamente coa tradución da mesma ao castelán (Editorial Lumen), publicada tamén en Italia baixo o título “Bellezza Rossa”. “Beleza vermella” conseguiu o premio Frei Martín Sarmiento de novela no ano 2021. Proximamente será traducida ao checo e publicada pola editorial Dobrovský e ao ruso pola editorial Eksmo.
En 2020 publicou un libro de relatos en galego e castelán ilustrado por Javier Zabala “Historias de mentes” (Editorial Bululú)
En maio de 2021, Portabales publicou unha nova novela negra en galego, continuación de “Beleza vermella”, titulada “A vida secreta de Úrsula Bas” (Editorial Galaxia), que saíu o mesmo día coa editorial Lumen na súa versión en castelán.
En 2021 tamén resultou gañadora do premio Manuel Murguía de relato coa obra “ Xanelas” e de novo alzouse co premio da Microbiblioteca de Barberà do Vallès co microrrelato “Os que observan”.
En marzo de 2022 publicou en galego e castelán (Editoriais Galaxia e Lumen) a versión ampliada da súa primeira novela, “Sobrevivindo”, que acadou no 2023 o premio de mellor novela negra no Festival das Casas Ahorcadas de Cuenca.
En febreiro de 2023 chegou ás librerías a terceira novela da saga Abad e Barroso: “O home que matou a Antía Morgade” (Editoriais Galaxia e Lumen).

ROBER CAGIAO (Bañobre, 1976). Diplomado en Ciencias da Educación. Autor dunha ducia de novelas, entre elas de “El Guardián de las flores”, galardoada co Premio Círculo Rojo á mellor novela de misterio, “La piedra del destino” e “El asesino del camino norte” , todas elas ambientadas en Galicia ao igual que o seu último traballo “Entroido”.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -