_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Sae a licitación cun orzamento de 176.336 euros a renovación do céspede artificial de Berdón

O Concello de Vilagarcía continúa desenvolvendo o plan de mellora e mantemento das infraestruturas deportivas municipais cunha nova actuación consistente na renovación da herba artificial do campo de Berdón. O proxecto acaba de saír a licitación cun importe de 176.336 euros (impostos incluídos) e un prazo de execución de 8 semanas. Ademais de substituír o tepe actual por outro de última xeración, os traballos incluirán o marcado do campo para a práctica de fútbol 11, fútbol 7 e rugby. As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 10 de xuño para presentar as súas ofertas.
22.05.2024.- O actual céspede de Berdón instalouse hai xa 14 anos polo que, debido ao tempo transcorrido e ao uso intensivo que se fai das instalacións por parte dos numerosos equipos que adestran e xogan nel, estaba xa na etapa final da súa vida útil e atopábase bastante deteriorado. En vista disto, o goberno local programou a substitución da herba artificial para que os usuarios do campo –principalmente rapazada dos equipos base de clubs de fútbol e rugby- poidan practicar deporte nas condicións idóneas e o campo cumpra os requisitos para a celebración das competicións oficiais.

Os traballos a contratar afectarán a todo o terreo de xogo (que suma unha superficie de 102 metros de largo por 64 de ancho). A adxudicataria deberá comezar desmontando os equipamentos existentes (porterías, bancos bandeirolas, reixas e canlóns de drenaxe) e retirando o céspede actual, previa eliminación do granulado de caucho.

O seguinte paso, e moi importante para garantir que o terreo de xogo quede en perfectas condicións, será o acondicionamento da explanada. Para isto comprobaranse as pendentes e, de ser necesario, nivelaranse as zonas que presenten irregularidades ou depresións. Tamén se revisará a rede de sumidoiros e se limparán e reporán as canalizacións.

Ademais, a explanada na que se asenta a infraestrutura deportiva adecuarase de xeito que teña resistencia suficiente para soportar, sen deformarse, o paso da maquinaria de obra e do mantemento do terreo de xogo.

A actuación completarase co estendido no novo céspede artificial, con materiais de última xeración que combinará monofilamentos rectos e filamentos fibrilados de polietileno.
Por último, procederase a reinstalar os equipamentos e a marcar o terreo de xogo cos liñas de diferente cor para marcar o campo para a práctica de fútbol 11 e rugby. A maiores, sinalizaranse dúas canchas para fútbol 8.

Continuos investimentos nas infraestruturas deportivas

Á de Berdon súmase á substitución da herdo céspede artificial do campo municipal Manuel Jiménez que o Concello levará a cabo nos meses de verán, tal como solicitaron os clubs, para non interferir na súa actividade en plena temporada. Coa execución destas dúas obras os cinco campos de fútbol de céspede sintético que ten o Concello quedan renovados con materiais de última xeración e en perfectas condicións para a práctica deportiva.

O Concello está prestando especial atención ás infraestruturas deportivas nos últimos anos, con grandes investimentos e outros que, aínda sendo máis modestos, garanten o correcto mantemento das instalacións. Ás obras xa realizadas e ás que se encontran en estado de execución, como a reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa e a ampliación e modernización da piscina municipal Celestino Brianes, engádese a remodelación dos vestiarios do pavillón deportivo de Carril que está previsto realizar tamén nos meses de verán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -