_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A celebración das Letras Galegas péchase coa proxección de “Matria” e coa xornada festiva do venres en Carril

A programación deseñada pola Concellería de Cultura con motivo do Día das Letras Galegas, concentra os seus actos principais entre as xornadas de mañá e do venres. Unha homenaxe dos escolares da cidade a Luísa Villalta Gómez -a autora á que se recoñece este ano- e a proxección da película "Matria” compoñen a oferta do xoves; mentres que a tradicional xornada festiva en Carril, con música, baile e a ofrenda floral ante o busto de Rosalía de Castro, completan a axenda do propio 17 de maio.
15.05.2024.- O Auditorio encherase mañá a partir das 11 horas cos escolares de varios centros educativos do municipio que se unen para render as súas particulares homenaxes a Luísa Villalta. Con recitais poéticos, música, teatro e artes plásticas, o alumnado porá en relevo a obra e a vida desta polifacética creadora, filóloga, tradutora e violinista que escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio e artigo.

Os amantes do cine, e en particular, das producións galegas, terán ese meso día a oportunidade de ver unha das películas máis premiadas o ano pasado. Trátase de “Matria”, o film que Álvaro Gago rodou en terras arousás e que protagonizan María Vázquez, Santi Prego, Soraya Luaces e Tatán. A proxección organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración do Cine Club Ádega comeza ás 20.30 horas e a entrada é libre e de balde ata completar aforo. Ao remate da proxección haberá un coloquio sobre a película.

Como vén sendo habitual dende hai anos, o 17 de Maio, o propio Día das Letras Galegas, o programa terá centralizarase en Carril. Alí, durante toda a mañá realizaranse diferentes actos que comezarán ás 11 horas cun pasarrúas e continuarán ás 12 co baile tradicional da Escola Gato Negro e Malveiras. Ás 12.30 realizarase a ofrenda floral a Rosalía de Castro e os actos pecharanse de forma máis lúdica co concerto que, a partir das 13.00 horas, ofrecerá Xosé Duarte na Praza da Liberdade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -