_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio Profesional de Música celebra a titulación de trece educandos co concerto de Fin de Grao

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía celebra mañá a que é unha das actividades máis esperadas cada curso: o Concerto Fin de Grao co que o centro celebra a titulación dos educandos que rematan os seus estudos musicais do grao profesional. Este ano son trece os alumnos e alumnas que se gradúan nas diferentes especialidades instrumentais. Eles serán os protagonistas do concerto que terá lugar no Auditorio o xoves, 9 de maio, a partir das 19.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.
07.05.2024.- A promoción 2023/24 compóñena: Víctor Caamaño Martínez (Clarinete), Pablo Collazo Fuentes (Trompeta), Alejandro Cores Nogueira (Piano), Ángela Costa Trigo (Piano)
Manuel Fontán Abal (Percusión), Paula Franco Barcala (Frauta), Ana Pérez Morgade (Piano), Simón Piñeiro Rodríguez (Violín), David Sández Losada (Clarinete), Pablo Teijeiro Saavedra (Trombón), Lucía Urcera Juncal (Violín), Richard Vázquez Varela (Trompa) e
Ronsel Viñas Costa (Piano).

No concerto de Fin de Grao o alumnado interpretará obras de Schumann, Mozart, Chopin, Brandt, Debussy, Kraft, Frock, Poulenc e David. Os instrumentistas que o precisen estarán acompañados ao piano polos profesores Vladimira Smausova e Javier Vila.

Un título con validez académica e profesional

A maioría dos estudantes que se titulan iniciaron os estudos musicais no Conservatorio vilagarciá no ano 2014, completando todos os cursos do Grao Elemental, primeiro, e do Profesional agora. Finalizan pois unha longa etapa formativa no centro municipal que compatibilizaron cos correspondentes estudos obrigatorios e postobrigatorios (Primaria, Secundaria, Bacharelato, Universidade…), obtendo ademais moi bos resultados académicos.

Dende a dirección do Conservatorio felicitan aos graduados e graduadas poñendo de relevo “a constancia, esforzo e dedicación demostrados durante todos estes anos de traballo continuado e polo que agora reciben a súa merecida recompensa obtendo o Titulo Profesional de Música na especialidade correspondente, un título con validez académica e profesional”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -