OBRAS E SERVIZOS
A nova rede de pluviais para evitar as inundacións na rúa Campanario xa está operativa Os veciños da rúa Campanario, en Vilar-Bamio, levan xa uns días testando o funcionamento da nova rede de recollida de augas pluviais instalada polo Concello co obxectivo de evitar que a vía se inunde cada vez que chove con certa intensidade. As canalización instaladas para recoller e reconducir as augas están operativas e o resultado dos traballos é o desexado, polo que nos próximos días completarase a obra co remate dalgunha tragante e arqueta pendentes, e o posterior asfaltado da calzada.
06.05.2024.- O Concello de Vilagarcía investiu 66.789 euros na ampliación da rede de pluviais da rúa O Campanario, unha obra que os veciños da zona levaban demandando dende que a construción do peche nunha finca privada impediu a libre circulación das augas cara a un regato próximo, co que acababan inundando a rúa e incluso afectando aos baixos dalgunhas vivendas.
Para resolver o problema instaláronse canalizacións e construíronse os sumidoiros necesarios para recoller debidamente as augas e reconducilas cara ao regato ao que antes escorrentaban de forma natural. Para iso foi necesario obter antes o permiso se paso dunha tubaxe por terreos privados.