_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello concede a licenza para construír o novo centro de saúde na avenida da Mariña

A demanda do novo centro de saúde para Vilagarcía está cada vez máis preto de converterse en realidade. O Concello completou hoxe a parte da tramitación que lle correspondía realizar concedendo a licenza para a construción da infraestrutura sanitaria nos terreos da avenida da Mariña. O permiso municipal aprobouse esta mañá no transcurso do Consello da Xerencia de Urbanismo. Con isto, e despois de que a semana pasada se oficializase ante notario a cesión ao Sergas do solar da antiga Comandancia, o goberno local espera que a Xunta amose a mesma axilidade e dea o seguinte paso sacando inmediatamente a obra a licitación.
02.05.2024.- O alcalde, Alberto Varela, congratulouse de que, “despois dos anos que levamos xestionando, negociando e facendo os trámites para que esta demanda histórica poida cumprirse, o traballo máis duro xa está feito. Simplemente queda executar unha actuación que xa ten proxecto técnico e construtivo, e os fondos europeos para financiar a obra”. Por iso, o rexedor solicita ao goberno autonómico que “tal como fixo o Concello, cumpra con dilixencia e con celeridade a súa parte do acordo acadado para que os veciños e veciñas de Vilagarcía poidamos contar co centro de saúde que merece unha cidade de case 40.000 habitantes en pleno século XXI”. Varela lembrou que os responsables da Xunta anunciaron durante a pasada campaña electoral que a obra se ía licitar no mes de febreiro, “pero seguimos esperando, e os fondos europeos teñen un prazo de execución determinado”.

A construción da infraestrutura sanitaria está presupostada en 14 millóns de euros. Segundo as previsións anunciadas o ano pasado polos responsables autonómicos, o edificio debería estar rematado en 2026. A continuación, a Xunta aínda tería que dotalo de mobiliario, dos equipos técnicos e do persoal que, o Concello espera que se reforce, dada a precaria situación na que se atopan dende hai anos o plantel do ambulatorio e o PAC de San Roque.

O goberno local de Vilagarcía leva anos xestionando a construción do centro de saúde. Despois das negociacións a tres bandas que concluíron coa firma dun protocolo de colaboración entre o Concello, a Autoridade Portuaria e o Sergas, a administración local adquiriu ao Porto o solar da antiga comandancia por 1.157.406 euros. Tas investir outros 150.000 na demolición da edificación existente, Ravellla puxo os terreos a disposición da administración autonómica, trámite oficializado onte coa firma ante notario da acta de cesión. Dando cumprimento ao acordado no protocolo, o Sergas ordenou a redacción do proxecto técnico e de execución e, agora, ten que sacar a licitación a obra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -