_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
O alumnado de socorrismo acuático do Labora reciben formación no uso de drons

Os oito alumnos e alumas que están recibir formación no módulo de Socorrismo Acuático do obradoiro de emprego Labora Xove realizaron esta mañá unha sesión práctica sobre o manexo de drons e a súa utilización en labores de vixilancia e rescate en praias. A práctica realizouse no pavillón de Fexdega, ata onde se desprazaron o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Formación e Emprego, Álvaro Carou, para ver a actividade e animar aos mozos e mozas que están a piques de rematar o obradoiro, a aproveitar as ensinanzas que están recibindo para poder obter o título de profesionalidade que lles permita atopar unha saída laboral a través do socorrismo.
02.05.2024.- Anteriormente á sesións dos drons, os alumnos e alumnas participan noutras accións formativas complementarias ao obradoiro en si, como a visita á sede do 112 e do Grupo de Apoio Loxístico de Intervención GALI. Tamén teñen previsto recibir formación sobre riscos laborais propios da profesión de socorrismo acuático.

O Labora Xove é un programa de emprego para persoas mozas financiando con Fondos Europeos nun 60% a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -