_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O Concello licita a adquisición dun vehículo 100% eléctrico para o reparto a domicilio aos clientes da Praza de Abastos

O Concello de Vilagarcía vén de sacar a licitación a compra dun vehículo 100% eléctrico para poñer en marcha un servizo de reparto a domicilio dos produtos adquiridos na Praza de Abastos. O contrato ten un prezo de saída de 48.400 euros que o Concello financia cos fondos europeos Next Generation concedidos ao programa Vilagarcía Viva a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. As empresas interesadas disponen de prazo ata o día 14 de maio para presentar as súas ofertas.
30.04.2024.- Aposta en marcha do servizo de reparto a domicilio aos clientes do mercado público é unha iniciativa da Concellería de promoción Económica que dirixe Álvaro Carou. Trátase dunha nova acción para modernizar e mellorar a competitividade do mercado tradicional vilagarcián que, ademais, se rexe por criterios de sustentabilidade e respecto ao medio ambiente. Por iso o vehículo ten que ser 100% eléctrico, para continuar avanzando nunha sociedade descarbonizada, e se utilizará para prestar un servizo de “última milla”, é dicir, para entregas a curta distancia, favorecendo así o desenvolvemento dunha economía circular que, ademais de ser moito máis sostible, xera riqueza na propia zona. A maiores, o novo servizo permitirá achegar os produtos da Praza de Abastos aos clientes-consumidores, que disporán de máis facilidades para adquirir os seus produtos e, en consecuencia, incrementarán as súas ventas.

Características
O vehículo a adquirir polo Concello debe ter motor eléctrico cunha autonomía mínima de 75 qm e velocidades mínima e máxima de 30 e 80 qm/h. A batería de litio debe ter unha potencia nominal mínima de 5kW. Outros requisitos son contar con dúas prazas, dúas portas delanteiras e unha lateral ou traseira para a zona de carga, que terá unha capacidade útil de 300 quilos como mínimo.

O contrato inclúe o mantemento integral do vehículo durante o período mínimo de garantía de 3 años, incluídas as revisións coa periodicidade que estableza o fabricante. Ademais, o adxudicatario deberá entregar o vehículo matriculado a nome do Concello, con toda a documentación en regra e perfectamente rotulado conforme se especifique polo Concello.

Estacións de carga e sistema fotovoltáico
No marco destas mesmas accións de modernización e mellora da eficiencia enerxética da Praza de Abastos, a semana pasada comezou a instalación do sistema fotovoltaico para autoconsumo colectivo na sala de abastos vilagarciá. Tamén se iniciaron os traballos para a dotación dun punto de recarga para vehículos eléctricos na sala vilagarciá e outro na de Vilaxoán. A actuación, tamén incluída no proxecto "Vilagarcía Viva", supón un investimento de 84.790 euros a financiar cos fondos europeos do Next Generation. Os traballos están sendo executados pola empresa Lumea Soluciones Eléctricas.Douscentos deportistas participan no Campionato Galego de Atletismo Adaptado de Fontecarmoa
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -