EDUCACIÓN
Vilagarcía dáse a coñecer na cidade polaca de Zabrze a través dun grupo de alumnos do Armando Cotarelo O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de educación Paola María, recibiron esta mañá no Concello aos seis alumnos e aos tres profesores do instituto Armando Cotarelo Valledor que acaban de regresar de Polonia tras participar nun intercambio do programa europeo Learning to Learn. A maiores dos obxectivos educativos e culturais, o grupo aproveitou a súa estancia na localidade de Zabrze para promocionar Vilagarcía para o cal lucindo en todo momento sudadeiras coa publicidade institucional do Concello, prendas coas que tamén agasallaron aos estudantes do centro polaco de Zhoiz que participan na experiencia.
18.04.2024.- Esta promoción da localidade levouse a cabo a través dun convenio de colaboración entre o Concello e o instituto, financiando a administración local as sudadeiras convenientemente serigrafiadas coa imaxe corporativa de Vilagarcía e o nome do programa europeo, e comprometéndose os participantes do intercambio a vestir a uniformidade durante toda a viaxe.
Varela dou a benvida á expedición vilagarciá que estivo en Zabrze entre o 6 e o 13 de abril e agradeceulles que levaran a imaxe da cidade e a deran a coñecer en todos os lugares polos que pasaron e a todas as persoas que tiveron a oportunidade de coñecer. Pola súa banda, Paola María interesouse polas experiencias vividas polo alumnado e polo retorno da actividade, comentándolles eles o contido da viaxe e as visitas realizadas, información que, como traballo final, os estudantes recollerán nunha memoria que entregarán en Ravella. Como remate, os participantes no intercambio entregaron ao alcalde unha bolsa con folletos e material publicitario de Zabrze.