_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade abre a inscrición no obradoiro de iniciación á produción musical electrónica que impartirá Vicky Longa

A Concellería de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un obradoiro de iniciación á produción de música electrónica dirixido a persoas de 14 anos en diante. A actividade enmárcase no programa da Semana de Muller e Cultura, que ten como obxectivo dar visibilidade e poñer en valor o traballo das profesionais femininas no eido cultural. Este ano en concreto, no campo musical, de aí que a encargada de impartir o obradoiro sexa Vicky Longa. A participación na actividade é de balde, previa inscrición. O prazo ábrese mañá, 13 de abril, e remata o día 26. O obradoiro impartirase o sábado 27 pola mañá no Auditorio.
12.04.2024.- A actividade será totalmente práctica e ten como obxectivo proporcionar os coñecementos e as ferramentas básicas para crear un tema musical a partir de tecnoloxías aplicadas á música (Home Studio). Consistirá na elaboración dunha canción a partir dunha idea musical sinxela. Para este proceso utilizarase un ordenador, os programas correspondentes, unha tarxeta de son e un teclado midi.

Vicky Longa

A vilagarciá Vicky Longa é música, compositora e dirixe o Longa Music Lab. Estudou guitarra no conservatorio de Vilagarcía e en Barcelona, realizou un máster en produción musical, e asistiu a diversas masterclasses e cursos en diferentes escolas, incluída a de Berklee. Traballou como docente durante máis de oito anos na Escola de Música do Palau de Barcelona. Ten publicados dous discos co seu proxecto Manuela Kant e outro en solitario, xa como Vicky Longa. Dende o 2021 compón para a editorial ABDM, labor que compaxina coa dirección do Longa Music Lab, con sedes en Vilagarcía e Santiago.

As persoas interesadas en asistir ao obradoiro deben cubrir o formulario dispoñible no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal ou na sede@vilagarcia.gal , e remitilo por correo electrónico ao enderezo muller@vilagarcia.gal . Tamén poden presentalo telematicamente a través da sede@vilagarcia.gal , ou entregar de forma presencial, nas oficinas da Área de Igualdade.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -