EMPREGO
O Vives Emprega ofrece formación gratuíta nas áreas de soldadura, limpeza, riscos laborais, loxística e carnicería O programa Vives Emprega, que a organización Acción Contra el Hambre desenvolve en Vilagarcia coa colaboración do Concello, pon en marcha este mes de abril un programa formativo gratuíto para persoas desempregadas destinado a mellorar as competencias profesionais en varias áreas laborais con demanda na zona. En concreto organizaranse cursos sobre Loxística e distribución, Carnicería e charcutería, Limpeza, Soldadura, Servizos domésticos, Atención ao cliente (gasolineira, supermercado, caixa e reposición) e en Prevención de Riscos Laborais básico e específicos (altura e construción).
10.04.2024.- Esta oferta forma parte dos itinerarios Vives Emprega Saludable Galicia e consiste en formación teórica e con prácticas non laborais a realizar en empresas da contorna. A asistencia é 100% gratuíta e as sesións impartiranse de forma semipresencial. As prazas son limitadas.
Tamén poden solicitar máis información a través do teléfono da sede ce Vilagarcía (690 134 548) ou consultar a web http://www.vivesempleasaludableorg .