_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A Policía advirte das restricións de aparcamento e cortes de tráfico con motivo do desfile de Entroido de mañá

A celebración do Desfile de Disfraces e Carrozas previsto para mañá pola tarde en Vilagarcía obrigará a eliminar os aparcamentos nas rúas polas que discorrerá o evento, así como a cortar o tráfico rodado nas zonas afectadas. A Policía Local advirte de que os estacionamentos deberán quedar libres ás 15.00 horas e de que os peches de tráfico comezarán a realizarse de xeito gradual a partir das 16.45 horas.
12.02.2024.- As rúas afectadas por estas medidas son a Praza Doutor Carús, as rúas Alexandre Bóveda (entre Dr. Carús e Castelao), Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón (entre Alejandro Cerecedo e Praza de España), Praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijoo, Praza da Independencia, San Roque (ata a confluencia coa rúa Santa Eulalia), e Juan Carlos l (ata a Praza de Ravella).

Ás 15 horas comezarán a retirarse coa grúa os vehículos que permanezan estacionados nas rúas Doutor Carús e Alexandre Bóveda, que xa deberán estar libres tras a celebración do mercado pola mañá. No resto do percorrido comezarase a partires das 16 horas.
Os peches ao tráfico rodado comezarán ás 16.45 horas polas rúas Alejandro Cerecedo e Alexandre Bóveda. A partires das 17.15 horas a medida estenderase de forma gradual ao resto das rúas do percorrido, comezando pola Praza España, Edelmiro Trillo e Praza da Independencia e, segundo vaia transcorrendo o desfile, para continuar pola rúa San Roque e na Avda. Juan Carlos I, entre os cruces da Porta da Luz Salgada e o Ramal, coincidindo coa acceso da comitiva á Praza de Ravella.

Ademais de recomendar que, na medida do posible, se evite circular pola cidade durante toda a tarde do martes, a Policía Local recomenda aos veciños que garden os vehículos nos garaxes e quen non teña esta posibilidade, os estacionen con anterioridade fora das zonas afectadas. Aos visitantes, aconséllase que entren en Vilagarcía antes das 16.30 horas e procuren estacionar nos aparcamentos disuasorios e párkings públicos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -