DEPORTE
Martín Rey, Jessica Bouzas, Pedro Muñoz, Anxo Martínez e Pedro Torrado optan ao premio Mellor Deportista do Ano Vilagarcía celebrará o venres 1 de marzo a gala da XXXI Festa Local do Deporte, unha celebración na que a Fundación Municipal de Deportes recoñece a labor de persoas e entidades que destacaron na práctica ou promoción deportiva e concederá o premio Mellor Deportista Local da tempada 2022/23. A este galardón optan nesta edición o ciclista Martín Rey Vázquez, a tenista Jessica Bouzas Maneiro, o kenpista Pedro Muñoz Fole, o piragüista Pedro Torrado Mollinedo e o remeiro Anxo Martínez Fernández.
10.02.2023.- A Festa Local do Deporte é un evento que ten como obxectivo difundir e poñer en valor todas as disciplinas deportivas que se practican no municipio -tanto a través das actividades que organiza o organismo público, como as que realizan os distintos clubs-, como xeito de seguir incentivando a súa práctica entre persoas de todas as idades, xa sexa de modo competitivo como lúdico. Dentro desta filosofía, a celebración tamén serve para premiar aos deportistas que teñan obtido os mellores resultados na última tempada, cuxos finalistas son seleccionados por un xurado entre as candidaturas presentadas por clubs e persoas a título individual, e tendo en conta os méritos dos aspirantes
Finalistas ao Mellor Deportista do Ano:
- MARTÍN REY VÁZQUEZ (Ciclismo). Polo seu triunfo na Volta Ciclista a Galicia e na Volta Baixo Miño. - JESSICA BOUZAS MANEIRO (Tenis). Polos seus éxitos nos torneos W60 de Roma e V Master Mapfre Valladolid, e no Campionato de España por equipos. Pola súa participación coa selección española na United Cup de Australia, e por ter participado nas fases previas dos torneos Open de Australia, Roland Garrós e US Open, e na fase final de Wimblendon. - PEDRO MUÑOZ FOLE (Kenpo). Polos seus logros no: o Campionato do Mundo de Kenpo 2023, celebrado en Caldas da Raíña, onde quedou campión na modalidade de Semikenpo, subcamión en Kata, Kobudo e Submisión, e bronce en Kata por equipos. o Campionato de España de Kenpo 2023, celebrado en Vilagarcía, onde se proclamou campión na modalidade de Kata, Kobudo, Semikenpo e Fulkenpo (-80 quilos), e subcampión en Submisión. - PEDRO TORRADO MOLLINEDO (Piraguismo). Polos seus éxitos, acadando entre outros o título autonómico en C2 500m e C4 500m, os títulos nacionais de C1 500m, C1 1000m e C2 1000, así como o cuarto posto no Campionato Europeo Junior en C2 1000m e o mesmo lugar no Mundial Junior en C2 1000m. - ANXO MARTÍNEZ FERNÁNDEZ. (Remo). Polos seus éxitos no Campionato Galego de bateis e trainerillas e acadar o sexto lugar na Liga ACT e na regata da Concha (Donosti).
Recoñecementos a título póstumo
No transcurso da gala tamén se fará entrega das mencións especiais a título póstumo concedidas este ano a MARTÍN CARDALDA “Tinín”, pola súa traxectoria como directivo e adestrador do San Martín C.F., a LUIS GARCÍA LOUREIRO “Luisiño”, pola súa traxectoria como directivo do CD Bamio, e a FRANCISCO JAVIER PÉREZ LAFUENTE “Chuco", pola súa traxectoria na vela como xuíz e directivo en diferentes clubs, así como no baloncesto local, sendo adestrador no Basket Base Club e no CB el 12.
Mencións especiais por categorías
- Técnico deportivo: LUIS TREVIÑO TORRES, pola súa labor durante oito temporadas dirixindo ao Cub Viaxes InterRías de fútbol feminino, acadando tres ascensos ata a 2ª Federación, e clasificar ao equipo para a Copa da Raíña; así como polo seu traballo como director técnico e adestrador da Escola Deportiva Arousa. - Empresa: SIGATEL, polo seu apoio ao deporte local colaborando coas entidades deportivas no desenvolvemento das súas actividades. - Medios de Comunicación: MÓNICA IRAGO, reporteira gráfica de La Voz de Galicia. - Deporte para Todos: PABLO MURAS ABAD, polos seus éxitos no Kenpo adaptado. - Organización de Eventos: CLUB KENPO VILAGARCÍA, pola organización do Campionato de España de Kenpo. - Traxectoria Deportiva: SARA GÓMEZ FERREIROS, polos seus éxitos durante 20 anos no baloncesto feminino, sendo xogadora internacional en categorías base e unha referente no mundo da canastra feminina.