_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A contorna do encoro de Castroagudín acolle o domingo aos máis de 300 participantes na Copa Galicia de Resistencia BTT

A contorna do encoro do Con será o escenario no que o domingo, 11 de febreiro, se desenvolverá a Copa Galicia de Resistencia 3h BTT, un evento deportivo que reunirá en Castroagudín a 310 ciclistas de montaña e que organiza o club Arousa Bike BB coa colaboración da Fundación Municipal de Deportes. Entre os participantes estarán os ciclistas Gustavo César Veloso e Lara Lois, o triatleta Iván Raña e o humorista David Amor. A maiores do vistoso da proba en si, a cita do domingo conta co atractivo engadido do fin social, xa que servirá para recadar fondos para a Fundación Andrea, que presta apoio ás familias de nenos e nenas con enfermidades terminais ou de longa duración.
08.02.2024.-A proba de Vilagarcía é a quinta e última puntuable para a Copa Galicia de Resistencia 3h BTT, polo que dela sairán os campións nas respectivas categorías: elite masculina e feminina, relevos por parellas, cadete, junior, sub23 e máster 30, 40, 50 e 60. Con saída ás 10 horas dende as inmediacións da antiga escola unitaria de Castroagudín, durante as 3 horas que dura a proba os participantes deberán completar o maior número de voltas posibles ao circuíto de 5,7 quilómetros habilitando para a ocasión polo monte da contorna do encoro. O percorrido conta con tramos de pendente monte a través que garanten o espectáculo para o público que desexe presenciala.

Ademais, a organización ofrecerá chocolate quente, rosca e empanada ao público asistente.

Os directivos de Arousa Bike BTT, David Janza e Ramón González, presentaron a proba no Concello nun acto presidido polo alcalde, Alberto Varela, no que tamén participaron o concelleiro de deportes, Carlos Coira, o ciclista vilagarcián Martín Rei e o triatleta Iván Raña. A través de vídeos, tamén confirmaron a súa presenza no evento do domingo Gustavo César Veloso, padriño do club vilagarcián, Lara Lois e David Amor.

O alcalde agradeceu ao Arousa Bike BTT o traballo realizado para o desenvolvemento desta importante proba do calendario galego, destacando que, malia súa curta traxectoria -aínda non chega ao ano de vida- “xa é quen de traer a Vilagarcía e encargarse da organización dunha proba de nivel autonómico”.

Varela insistiu en que “Vilagarcía segue reforzando a súa capitalidade como cidade acolledora de eventos deportivos debido á capacidade organizativa do Concello e ás boas infraestruturas das que dispoñemos, e grazas ao dinamismo e a intensa actividade dos numerosos clubs existentes. Unha capitalidade xustificada tanto na cantidade de eventos e competicións que acolle a cidade cada ano como na cantidade de disciplinas representadas, que non se limitan aos deportes de masas, se non que contamos cun extenso número de deportes dos denominados minoritarios, pero que cave vez collen máis forza no noso municipio”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -