_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A orixinal proposta de “Bueno Carallo Bueno” inaugura a tempada de exposicións na sala Rivas Briones

A sala municipal Antón Rivas Briones acolle a partir de hoxe a primeira exposición do ano. Trátase de “Bueno Carallo Bueno”, a orixinal proposta pictórica-poética que presentan o artista José Freixanes e o escritor e xornalista Alberto Avendaño. A mostra, que xurde do libro do mesmo título no que os dous creadores plasmaron a súa primeira colaboración, inaugúrase ás 19.30 horas de esta tarde e poderá visitarse ata o 25 de febreiro, de luns a sábado de 10:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.
19.01.2024.- A exposición “Bueno Carallo Bueno” consta de 39 pinturas de distintos formatos e técnicas do artista plástico, ás que acompañan a poesía de Avendaño, inspirada na tradición xaponesa, pois estrutura os seus versos en haikus e tankas propios da cultura nipona.

José Freixanes (Pontevedra, 1953) é membro do Grupo Atlántica e na actualidade imparte clases na Facultade de Belas Artes de Granada. Pola súa banda, Alberto Avendaño (Vigo, 1957) é un escritor e recoñecido xornalista, membro fundador do Colectivo de Comunicación Poética Rompente. Afincado en Vilagarcía dende hai uns anos, foi profesor da John Hopkins University e director da edición en español do xornal The Washington Post. Recentemente foi nomeado membro numerario da Academia Norteamericana de la Lengua Española.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -