_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MULLER
Un obradoiro de realización de podcasts inaugura a Semana Muller e Cultura que este ano se centra no sector audiovisual

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía volve a organizar a Semana Muller e Cultura, nunha edición que este ano se centra no sector audiovisual. A primeira das actividades deste programa será o obradoiro de creación de podcasts que se desenvolverá os días 30 de novembro e 1 de decembro no Auditorio e no que poderán participar 12 mulleres.
20.11.2023.- Trátase dunha actividade gratuíta para a cal é preciso inscribirse, trámite que as interesadas poden facer ata o día 29 dirixíndose directamente ás dependencias de Igualdade-CIM ou a través do correo electrónico muller@vilagarcia.gal . En ámbolos dous casos deberán presentar cuberto o formulario que poden obter no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal

Dúas graduadas en xornalismo e comunicación audiovisual, Belén Teiga e Celia Eiras, serán as encargadas de impartir o obradoiro. Tanto a unha coma a outra contan con experiencia na realización e edición deste novo xénero de emisión radiofónica e dixital xa que son autoras dos podcasts sobre cultura e música “Violentos anos vinte” e “Notas ao marxe”.

O obradoiro realizarase en dúas sesións, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Na primeira tratarán aspectos como o formato e os tipos de podcast, a escritura de guións de radio, a planificación de episodios e de frecuencias, e daranse unhas introducións básicas sobre as técnicas de gravación. A segunda xornada será totalmente práctica, de xeito que as participantes aprendan a gravar tendo en conta aspectos como a nivelación do audio e tamén abordando as técnicas de postprodución para a edición a corrección e mellora do son. Por último, tamén se comentarán as diferentes plataformas que existen para a distribución deste tipo de programas.

Poñer en valor o papel das mulleres creadoras

A Semana Muller e Cultura é un programa destinado a poñer en valor o papel das mulleres nos distintos eidos da cultura e a arte e de fomentar a inclusión de profesionais femininas en sectores que tradicionalmente foron copados por homes. A programación deseñada pola Áreade de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía está subvencionada pola Deputación Provincial de Pontevedra. A axenda completa das actividades a desenvolver este ano presentarase proximamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -