_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O Museo do Ferrocarril reabre as súas portas con novos contidos e unha celebración da histórica relación de Santiago e Vilagarcía

Coa presenza da alcaldesa de Santiago, do rexedor de Vilagarcía e de concelleiros de ambas corporacións, o Museo do Ferrocarril abriu de novo as súas portas con contidos renovados e deseñados pola empresa Trivium. No acto participaron tamén representantes da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril, da Real Sociedade Económica de Amigos do País e da Asociación de Profesionais do Ferrocarril. Ademais de celebrar o 150 aniversario da primeira liña de Galicia, a uniu Cornes e O Carril, a reapertura serviu tamén para reivindicar a histórica relación de Santiago e Vilagarcía.
04.11.2023. “O primeiro ferrocarril de Galicia”. Esta é a primeira mensaxe que recibe o visitante unha vez que entra na vella estación do Carril. A partir de aí fai un percorrido pola historia desa primixenia liña, inaugurada o 15 de setembro de 1873, pero tamén do propio concello de Vilagarcía de Arousa, que non se pode entender sen a influencia que tivo este entón revolucionario medio de transporte en todos os eidos do seu desenvolvemento: portuario, comercial, industrial, urbanístico, cultural...

Como acto previo á reinauguración, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a súa homóloga de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto con outros representantes políticos e sociais, descubriron no exterior do edificio unha placa que acompaña a un pedestal que soporta un vello cambio de agullas ferroviario. Moi preto deste tamén se instalou unha antiga augada que servía ás máquinas de vapor. Tralo descubrimento da placa, o presidente da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril, Carlos Abellán, fixo un resumo do Compostelano, que así se chamaba aquel primeiro tren de Galicia, para terminar reivindicando unha mellor conexión de Vilagarcía con Santiago e a extensión da liña ata o aeroporto de Lavacolla e, igualmente, un maior esforzo en conectar a Galicia cos irmáns portugueses.

Xa dentro do edificio, un técnico de Trivium ofreceu unha visita guiada polas dependencias do museo, que veu renovados os seus contidos tralo investimento do Concello por valor de 48.000 euros. Por fin, xa na parte superior, onde se atopa unha gran maqueta e se exhiben multitude de miniaturas de máquinas e vagóns do ferrocarril ao longo do tempo, a alcaldesa de Santiago celebrou a reapertura do museo e convidou a que todo o mundo se achegue a Vilagarcía para coñecer esta parte tan importante da historia de Galicia. Do mesmo xeito, Goretti Sanmartín animou aos vilagarciáns a coñecer o centro cultural de Cornes, o lugar do vello concello de Conxo, hoxe integrado en Santiago de Compostela, que acolle outra exposición sobre aquela primixenia estación, da que saía o tren que remataba no Carril.

Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía fixo un repaso do que significou a chegada do tren ao Carril, dende a creación dun porto de interese xeral do Estado en Vilagarcía ao seu desenvolvemento industrial e turístico, para terminar provocando a unión dos tres antigos concellos de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, dando lugar ao actual de Vilagarcía de Arousa. Neste sentido, Alberto Varela subliñou o feito de que Vilagarcía de Arousa foi antes o nome da estación (1914) que do concello (1922), o que dá unha idea da pegada do ferrocarril na recente historia da cidade.

Varela, que reivindicou a histórica relación de Compostela e Arousa e á necesidade de seguir colaborando nese camiño, rematou apelando ao orgullo cidadán: “Sabemos que non é nin o máis grande nin o mellor museo do mundo, tampouco o pretendemos. Simplemente é o noso, o do primeiro ferrocarril de Galicia, que se di pronto. Así que animo a todos os veciños a veciñas a coñecelo, a compartilo, a facelo propio, a sentirse orgullosos da súa existencia e polo tanto tamén do que os nosos antepasados foron capaces de facer con bastantes menos medios dos que dispoñemos nós”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -