_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Vilagarcía acollerá en novembro o Campionato de España de Kenpo

O Concello de Vilagarcía continúa acollendo grandes eventos. A vindeira cita será de carácter deportivo e consistirá no Campionato de España de Kenpo, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro en Fexdega. Co Klub Kenpo Vilagarcía como anfitrión e coa colaboración da Fundación Municipal de Deportes e da Federación de Karate e de Kenpo Galego, a capital arousá recibirá aos mellores deportistas do territorio nacional nesta disciplina, moitos dos que pertencen ao club vilagarciá, que destaca polo seu impresionante palmarés.
25.09.2013.- Co obxectivo de comezar cos preparativos desta gran cita deportiva, os membros do comité organizador visitaron esta semana as instalacións de Fexdega. O concelleiro de Deportes, Carlos Coira, e o director de actividades deportivas da Fundación, Juan Miguel Doval, acompañaron ao presidente da Federación Galega de Karate y DA, Óscar Lafuente, ao director de Organización de DNK, Raúl Méndez, e ao responsable do Kenpo Galego e presidente do club vilagarcián, Mario Hermo, no percorrido polo pavillón para amosarlle as infraestruturas e coordinar as labores organizativas.

Pese a ser un deporte relativamente novo en Vilagarcía, o Kenpo conta cunha excelente base de deportistas que, en moi pouco tempo, converteron á cidade en todo un referente nesta disciplina. De feito, o club local conta no seu haber con campións nacionais e ata mundiais, comoPedro Muñoz Fole, que subiu cinco veces ao máis alto do podio do Campionato do Mundo, ou Ricardo Ramos, que tamén conta cun ouro, sen contar a longa lista de éxitos nas categorías inferiores e por equipos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -