_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O Premio para a Igualdade de Xénero ábrese aos ciclos formativos, as ensinanzas especiais e os obradoiros de emprego

A Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía vén convocar o Premio para a Igualdade de Xénero: Boas Prácticas xa Educación para o curso 2022/23. Será a décimo sétima edición do certame que este ano ábrese á participación de ciclos formativos, ensinanzas especiais e obradoiros de emprego para dar cobertura a todo o espectro educativo e formativo municipal. En consecuencia, establécense tres categorías diferentes, adaptadas aos distintos niveis educativos, cada unha das cales contará cun único premio dotado de 500 euros. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de abril.
30.01.2023.- O obxecto do Premio para a Igualdade de Xénero é recoñecer e dar visibilidade ás boas prácticas educativas nas que se traballen os centros educativos ao longo do curso a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, da igualdade de trato e da non discriminación por razón de identidade ou orientación sexual. Os proxectos tamén deben procurar a identificación e rexeitamento dos estereotipos sexistas que contribúen ao mantemento da violencia machista; así como incorporar de xeito transversal valores que constrúan esquemas alternativos de socialización baseados na igualdade entre o alumnado.

Na edición deste ano poderán participar todos os centros de ensino de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e centros de educación especial, xunto cos centros de réxime de ensinanzas especiais (Escola de Música e Conservatorio), así como os obradoiros de emprego, todos eles financiados ou cofinanciados con fondos públicos do municipio de Vilagarcía de Arousa.

As propostas poderán ser presentadas pola dirección do centro, por algún departamento ou área de traballo, por profesorado de xeito individual ou polas ANPAS, sempre que no seu proxecto estea involucrado activamente o alumnado.
Os niveis de Infantil e Primaria competirán nunha primeira categoría; os de Secundaria e Bacharelato, na segunda e os Ciclos Formativos, Ensinanzas de Réxime especial e Obradoiros de Emprego, na terceira.

A presentación das boas prácticas para participar no premio farase obrigatoriamente de xeito telemático, a través da plataforma do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal) cubrindo o “modelo 01001 Solicitude xenérica” e xuntando a ficha da memoria explicativa, a documentación solicitada nas bases e os anexos que se consideren oportunos. O prazo remata o día 30 de abril de 2023 ás 23.59h.

Ademais de na sede electrónica, as bases e o formulario tamén están dispoñibles no taboleiro de anuncio da web municipal http://www.vilagarcia.gal
O Premio para a Igualdade de Xénero: Boas Prácticas xa Educación é unha das actuacións incluídas na liña de actuación “Modelos igualitarios de convivencia” do IV Plan Municipal de Igualdade do Concello de Vilagarcía, e no seu obxectivo “Favorecer a sensibilización, formación e implicación da comunidade educativa, como elemento fundamental para chegar ao colectivo infantil, xuvenil e adulto”.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -