_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O bulicio das festas de Santa Rita regresa a partir do venres a Vista Alegre coa apertura da Feira Celta

As festas na honra de Santa Rita comezan mañá venres a modo de petisco e para ir preparando o ambiente de cara a unha longa e intensa fin de semana de celebracións. A xornada inaugural das festas libres de restricións tras dous anos de pandemia iniciarase pola tarde coa apertura ao público da Feira Celta no Parque da Xunqueira. O bulicio festivo encherá a contorna de Vista Alegre onde xa están instalados tamén os postos de rosquillas e velas e onde comezarán a chegar as carpas das pulpeiras para ofrecer o prato típico das romarías galegas.
19.05.2022.- Os postos de artesanía e produtos gastronómicos da Feira Celta abrirán ao público ás seis da tarde. A esa mesma hora tamén comezarán a realizarase algúns dos obradoiros a desenvolver no marco da feira, onde tamén haberá animación musical con actuacións ás 18.30, 20 e 22 horas. O mercado celta funcionará ata as 23.30 horas.

O grupo de gaitas Froallo será o encargado de pregoar mañá o inicio das esperadas festas de Santa Rita cun pasacalles polas rúas e zonas peonís da cidade a partir das oito da tarde.

As actividades do venres servirán para ir quentando motores de cara á completa programación festiva deseñada pola Concellería de Cultura para a fin de semana e o luns, que en Vilagarcía tamén será festivo por coincidir este ano o día de Santa Rita en domingo. Así, o sábado, entre outras moitas cousas, haberá torneo de fútbol 7, obradoiro de baile tradicional, actuación da Banda de Música de Vilagarcía e o gran concerto do grupo La La Love You.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -