_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O Banco Municipal de Locais Comerciais bota a andar coa apertura do prazo de inscrición

O Concello de Vilagarcía de Arousa pon en marcha o Banco Municipal de Locais Comerciais mediante a apertura, o vindeiro luns, do prazo de inscrición desta iniciativa da Concellería de Promoción Económica. Inmobiliarias ou propietarios de baixos desocupados poderán aloxar os seus inmobles neste banco municipal para que o Concello os publicite e lles dea visibilidade de cara a facilitar a súa ocupación con novos negocios. O Concello ofrecerá axudas e diversas avantaxas aos propietarios para conseguir que os locais acollan actividade, e realizará labores de animación e de embelecemento estético do exterior dos baixos que melloren a imaxe global da cidade e potencien os seus atractivos para continuar captando actividade económica.
27.10.2021.- Unha decena de inmobiliarias acudiron á reunión celebrada esta mañá por convocatoria da Concellería. O obxecto da mesma era darlle a coñecer o proxecto do Banco Municipal de Locais Comerciais “Vilagarcía Viva”, explicarlles os seus obxectivos e funcionamento e informarlles das avantaxas que terán os participantes así coma os requisitos que deberían cumprir.

Entre as avantaxas que terán os propietarios que aloxen no Banco os seus baixos desocupados están as axudas económicas que a Concellería lles ofrece a través dunha liña de subvencións para a realización de melloras no inmoble (accesibilidade, acondicionamento, mellora do ornato…) e mediante o financiamento dun seguro anual, dun importe máximo de 600 euros, para cubrir posibles impagos dos inquilinos.

Mentres os locais non consigan ocuparse, o Concello comprométese a promocionalos tanto a través da web do Invest In Vilagarcía, como con rotulación exterior e tamén mediante a realización no seu interior de actividades promovidas pola propia administración municipal, como exposicións, exhibicións ou mostras de sectores ou industrias, etc… a afectos de que o cliente potencial poida ver in situ as posibilidades deste locais baleiros. Neste último caso, o Concello compensaría esta cesión temporal e puntual de uso encargándose da limpeza e ornato interior do inmoble.

Para poder inscribirse no Banco Municipal, os locais deben cumprir algúns requisitos. O primeiro, por suposto, estar desocupados así como cumprir as condicións de seguridade e habitabilidade mínimas. Tamén terán que establecer un aluguer conforme aos prezos de mercado, pero moderado para o inquilino, para o cal o Concello establecerá uns valores máximos que variarán en función do lugar do municipio na que atope o baixo, definíndose para isto tres zonas diferentes.

O último requisito é que, en tanto que o local non sexa ocupado, o propietario poderá deixalo a disposición do Concello para acoller algún tipo de actividade de dinamización o promoción da economía local, actividades que serán puntuais e por tempo limitado.

Dentro desta mesma liña de dinamización da actividade económica, a concelleira Alba Briones, tamén comentou que o Concello está estudando outro tipo de medidas para facilitar e incentivar que negocios que actualmente están emprazados en pisos (asesorías, academias, peluquerías…) se trasladen a baixos comerciais, de xeito que a ocupación destes locais contribúa a mellorar a imaxe en conxunto da cidade e a facer máis visible o dinamismo da nosa economía, actuando a súa vez, como atractivo para outros negocios.

A maioría dos representantes das inmobiliarias que asistiron ao encontro acolleron con interese a iniciativa do Concello, manifestando que trasladarán aos seus clientes a proposta municipal. A súa vez, a Concellería de Promoción Económica remitiralles por escrito a documentación sobre o Banco Municipal de Locais Comercial e, a partir do luns abrirá o prazo para que os propietarios interesados aloxen os seus baixos na iniciativa, para o cal deberán cubrir o formulario que se porá a súa disposición a través da web do investinvilagarcía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -