O Coro Liceo regresa ao Auditorio de Vilagarcía este venres, 18 de outubro, cun concerto moi especial en recordo de Ana Padín Castro, unha das fundadoras da formación e membro da mesma durante 44 anos. Co título “Emocións e sentimentos”, a homenaxe musical incluirá obras de todos os tempos, unhas xa habituais no repertorio da coral e outras de recente incorporación, ás que se unirán temas cunha gran simboloxía e especialmente dedicadas á persoa honrada. Os responsables da montaxe aseguran que será unha función “moi bonita e emocionante, triste e alegre á vez, que seguro que vai a gustar moito”. Alejo Amoedo fará o acompañamento ao piano e a dirección correrá da man de Josefa Dorado. |