Observaciones |
|
|
No Salón García.
O Sindicato Comarcal de Pensionistas de CCOO de Arousa organiza este acto, aberto á cidadanía, no que se proxectará o documental de temática social e laboral dirixido por Roi Cagiao, "10 de marzo". Cagiao será quen presente o traballo e, ao rematar a visualización abrirase un coloquio-debate no que poderán participar os asistentes. SINOPSE Como consecuencia da negociación do convenio da Bazán Ferrol, miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.
Mergullando o espectador nun relato tan trepidante como emotivo, "10 de marzo" reconstrúe a través de entrevistas cos protagonistas, material de arquivo audiovisual inédito e ficcións de época, uns feitos que supuxeron un punto de inflexión na sociedade galega no seu enfrontamento coa ditadura.
Ano: 2022 | Xénero: Documental | Duración: 80 min | Dirección: Roi Cagiao |