Observaciones |
|
|
A banda vallisoletana Siloé protagonizará o gran concerto co que se abrirá o programa festivo de Santa Rita 2024. Liderado polo vocalista e cantautor Fito Robles, completan o trío o guitarrista e produtor Xavi Road e o batería Jaco Betanzos. No concerto de Vilagarcía presentarán "Santa Trinidad”, un álbum que inclúe temas como “Todos los besos”, “Sangre en las venas” ou “Esa estrella”.
Dende a súa creación, o grupo foi evolucionando e mesturando a canción de autor folk e o pop/rock coa electrónica máis bailable. Temas como “La verdad” acumulan ata doce millóns de escoitas só na plataforma Spotify, destacando tamén título como “La luz”, "Metrópoli” ou “Paradiso”.
Nalgúns dos seus traballos contaron coa colaboración de artistas da talla de Miss Caffeina, Belén Aguilera, Varry Brava, Dani Fernández e Delaporte, entre outros. |