Observaciones |
|
|
A soprano carrilexa, Loli Crespo, elixiu a súa localidade natal para presentar o seu novo disco titulado “No meu peito. Baladas e zarzuelas galegas”, traballo editado por “Dos Acordes”. E farao cun concerto a celebrar no Gato Negro e co acompañamento ao piano de Alejo Amoedo.
O acto complétase coa intervención de Javier Jurado Luque, catedrático de Historia da Música que, entre os moitos estudos e investigacións que ten realizado, destacan os relativos ás zarzuelas galegas, como por exemplo “A Lenda de Montelongo”, composta por tres vilagarciáns: Bernardo del Río (música) e Juan Buhígas e Manuel Rey Pose (libreto). |