Co obxectivo de acadar a plena inclusión, o programa das Festas de San Roque inclúe actividades especialmente destinadas a facilitar a participación das persoas con discapacidade auditiva. Neste caso, e dirixido aos máis cativos (nenos e nenas de 2 a 6 anos), celebrarase unha sesión de contacontos en lingua de signos impartida por persoal de XOGA, a Organización de Discapacitados Sensoriais de Galicia.