Observaciones |
|
|
Polas rúas incluídas na ZONA HÚMIDA
A Festa da Auga da comezo ás 12:00 do mediodía, ao remate do traslado da imaxe de San Roque dende a igreza á capela e xusto despois da lectura do pregón e do lanzamento do primeiro caldeirazo de auga por parte do pregoeiro ou pregoiera da multitudinaria festa.
NORMAS DE SEGURIDADE DA FESTA DA AUGA
* Procure levar calzado cómodo e pechado que evite deslizamentos na rúa así como roupa cómoda e pouco pesada con traxe de baño embaixo. * Evite levar consigo teléfonos móbiles e cartos en formato billete, porque pode perdelos co impacto da auga. * Lembre que pasos de peóns e pavimentos pintados son zonas nas que é doado esvarar ao estar molladas. * Rexeite utilizar recipientes de cristal ou similar, xa que poden escachar no chan e dar lugar a cortes. * Non colla auga acumulada do chan, posto que pode levar areas ou outros líquidos que poidan mancar os ollos. * Respecte a “zona húmida”.
En caso de calquera accidente, chame ao número de Emerxencias: 112.
TAMÉN HABERÁ UN PUNTO LILA contra as agresións machistas, habilitado na Praza da II república e que funcionará dende as 24:00 horas do día 15 ás 10.00 horas do 16 de agosto.
|