 Observaciones |
|
|
NO PARQUE DO PÌÑEIRIÑO
"Valentina" é unha película galega que obtivo o Goya 2021 ao mellor film de animación.
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións e anímaa sempre a perseverar: Se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender, as mesmas que ela pon, malia a súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra. |