O Concello de Vilagarcía acaba de incorporar ao seu patrimonio dous elementos fundamentais para explicar a súa orixe e evolución. Trátase dunha cetaria romara e da porta litoral do Castro de Alobre. Foi posible grazas ao convenio asinado con Mercadona SA, que esta a piques de abrir o seu novo establecemento na avenida de Valle Inclán. A empresa cede mil metros cadrados e investirá 65.000 euros máis na musealización, que inclúe novas escavacións durante dous anos máis.