Os actores e cómicos Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán estarán de novo en Vilagarcía, onde naceu o primeiro, os días 8 e 9 de novembro, sábado e domingo, para presentar “Somos criminais. E punto (final)”, co que rematarán un dos proxectos máis exitosos do panorama teatral galego nas últimas décadas. As entradas xa están á venda, con prezos de 18 € para as zonas A e B do auditorio e de 15 para a zona C. Poden adquirirse a través da plataforma ataquilla.com, o que supón unha pequena cota pola xestión. No caso de non esgotarse, os tickets se venderán na propia billeteira do auditorio dende dúas horas antes do inicio do espectáculo, neste caso sen gastos de xestión. O venres, “Somos criminais” representarase ás 20:30 horas, e o sábado, media hora máis tarde, ás 21:00 horas. Blanco e Touriñán seguirán coa súa xira de despedida por toda Galicia ata o mes de xaneiro. |