.- As políticas que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía para optimizar a xestión dos residuos sólidos urbanos baixo criterios de sustentabilidade chegan tamén ao Revenidas de Vilaxoán. Co obxectivo de promover a facilitar a separación e a reciclaxe dos distintos tipos de lixo, tanto por parte da organización como do público asistente ao festival, o Concello dispuxo varias illas de contedores no interior e no exterior do recinto de concertos, así como nas zonas de acampada. Ademais, os mestres composteiros informaron ao persoal das foodtracks e aos responsables da sardiñada do domingo sobre a separación do biorresiduo, entregándolles recipientes específicos para depositar este tipo de material. |