Vilagarcía, situada ó fondo da ría
de Arousa, pode presumir de ter unhas praias de augas tranquilas
e non demasiado frías, para o que é habitual nas
rías galegas. O principal areal do municipio, distinguido
ano tras ano coa Bandeira Azul da UE, é o da Concha-Compostela.
Durante os meses de verán acoden diariamente a este areal
non só veciños do municipio, senón xentes
doutros concellos do interior, atraídas polas seus óptimos
servicios e as boas comunicacións. De feito, foi a gran
afluencia de santiagueses a que bautizou ó areal co nome
de Compostela.
A praia da Concha-Compostela está situada entre los cascos
urbanos de Vilagarcía e O Carril. A súa lonxitude
é de case dous quilómetros. A zona máis próxima
ó casco urbano de Vilagarcía, na que se atopa un
piñeiro, un miradoiro e un pequeno xardín, coñécese
co nome da Concha pola forma que adopta a liña de praia,
mentres que a súa parte central e norte, na que se atopa
o balneario e un parque, recibe o nome da Compostela. Paralelo
á praia, discorre un paseo marítimo que enlaza os
núcleos de Vilagarcía e O Carril.
O
areal dispón ininterrom- pidamente dende o ano 1997 da
Bandeira Azul da UE, que premia a calidade medioambiental e os
servicios das praias comunitarias. A praia da Concha-Compostela
conta con varias duchas repartidas en distintos puntos, papeleiras,
servicios públicos, fontes, quioscos e bares. A limpeza
do areal efectúase diariamente utilizando maquinaria especializada
e a calidade das augas verifícase periodicamente mediante
análises realizadas pola Consellería de Sanidade.
Durante o verán, socorristas titulados exercen funcións
de salvamento e vixilancia.
A praia da Concha-Compostela é un areal eminentemente
urbano, no que adoitan celebrarse durante o verán actividades
de animación sociocultural. Conta con dúas zonas
de xogos infantis, unha delas no propio areal e a outra no parque
da Compostela. Dispón de prazas de estacionamento na avenida
Rosalía de Castro, que discorre paralela á praia,
e diante do antigo apeadeiro de Renfe no Carril. Tamén
conta con numerosos bares e restaurantes nas súas inmediacións.
A praia recibe durante o verán a un elevadísimo
número de visitantes. Cada día visítana entre
5.000 e 6.000 persoas, cifra que se incrementa nas fins de semana.
Pero o areal tamén se pode disfrutar en inverno, percorrendo
o paseo marítimo ou descansando nos tranquilos xardíns.
Aínda que esta é a praia máis visitada
de todo o municipio, non é la única. Así,
os veciños de Bamio, O Carril e Vilaxoán contan
cos seus propios areais, pequenas praias que dispoñen dos
servicios fundamentais e que son tamén aproveitadas para
o marisqueo.