
Vilagarcía
ofrece numerosas posibilidades de ocio e tempo libre ó visitante.
Durante o inverno existe unha programación estable de representacións
teatrais e musicais e no verán son frecuentes as actuacións
musicais na rúa. Sete salas de cine, na área lúdica
do porto deportivo, garanten estar á última nos estreos
cinematográficos, e multitude de instalacións deportivas,
cubertas e ó aire libre, permiten manterse en forma en calquera
época do ano. Incluso é posible practica-lo golf,
pois Vilagarcía é socio do primeiro campo de golf
público de Galicia, situado en Meis. E por si todo isto fora
pouco, non debemos esquecer un dos principais atractivos do concello:
o mar e as praias.