Se
o comensal prefire a carne ó pescado e ó marisco,
hai varios establecementos nos que a comida sentaralle ben ó
estómago... e ó peto. Asadores, parrilladas e churrascos
son unha boa alternativa para calquera día e o visitante
poderá así comprobar que na cociña galega
hai moito máis que productos do mar.
A Praza:
Restaurante asador de gran capacidade e ben decorado, situado
preto da praza de abastos. A súa carta inclúe varios
pescados e mariscos, ademais de carnes asadas.
Avenida da Mariña, 16. 986 50 55 04
Churrasco A Ría:
Ademais do típico churrasco, inclúe na súa
carta algúns pescados (bacallau, pescada) e carnes. As
cenas de pandas o de traballo imprimen ambiente ó local.
Avenida Rosalía de Castro, 122.
El ruedo:
Restaurante asador de coidada decoración, está especializado
nas carnes, algunhas das cales son cociñadas na mesa polo
propio cliente. Conta cunha carta en braille para invidentes.
Avenida Rosalía de Castro, 26. 986 50 66 16.
O Bosque:
Parrillada especializada en churrascos, pero na que tamén
se poden degustar pizzas. Decorada en madeira, ten un interior
espacioso e unha pequena terraza para os días de sol.
Bosque, 4. 986 50 14 26
Churrasco de Rubiáns:
O churrasco é o rei da carta, pero ten ademais lacón
con grelos ou pescada á galega, entre outros pratos tradicionais.
No verán, é aconsellable reservar con antelación.
Avenida de Pontevedra, 12. Rubiáns. 986 50 71 20
Pampero:
Este asador arxentino, situado a só uns metros da praia
Compostela, ten a súa especialidade nas carnes de boi e
tenreira, aínda que ofrece tamén un menú
do día e un menú especial.
Avenida Rosalía de Castro, 91. Teléfono: 986 503 156