O Concello de Vilagarcía deseñou unha ruta que
permite coñecer algúns dos pazos máis importantes
da comarca, pertencentes ós municipios de Vilagarcía,
Ribadumia e Cambados.
A
ruta realízase un día á semana, nun autocar
que parte ás 10 da mañá da Oficina de Turismo
do Cavadelo, onde se poden adquiri-los billetes. Os prezos son
moi asequibles. O recorrido inclúe visitas ós pazos
de Vista Alegre, Rubiáns, O Casal (Lois-Ribadumia), Adega
Martín Códax (Cambados), Monte Sacro (Cambados)
e O Rial.