Como consecuencia da política de humanización
do casco urbano, algunhas rúas están peatonalizadas
e outras, especialmente as máis achegadas ó
centro, están afectadas pola denominada “zona
azul”, o que implica que o horario do estacionamento
está limitado a dúas horas. Con todo, existen
aparcamentos públicos e privados que farán
máis rápido e cómodo o seu achegamento
á cidade.
1. Parking do Cavadelo.
Avenida da Mariña, fronte á Alameda. 337
prazas.
2. Parking Praza
de España. Praza de España, xunto á
Igrexa parroquial. 80 prazas.
3. Parking Arousa.
Centro Comercial Arousa, no parque da Xunqueira. 226 prazas.
4. Explanada Tir.
Xunto ó porto deportivo e fronte ó parque
Miguel Hernández. Ó aire libre, con vixilancia
de luns a venres. 220 prazas.
5. Porto deportivo.
Ó aire libre, con vixilancia. 140 prazas.
6. A Florida. Xunto
á Porta da Luz Salgada, que dá servicio
ós supermercados Lidl e Dia. 200 prazas.
7. Rodrigo de Mendoza.
Diante do pavillón feiral de Fexdega. Libre sen
vixilancia. 200 prazas.
8. Praza de Abastos.
Xunto á praza do peixe. Libre sen vixilancia. 40
prazas.
9. Hotel Castelao.
10. Estación
Ferrocarril.
Zona azul: Para
a utilización destas prazas de aparcamento é
necesario contar cun disco horario que está a venda
en quioscos e estancos.