Solicitude en impreso oficial asinado polo comprador e polo vendedor, que acredita o cambio de titularidade por adquisición dun vehículo.
¿Que se necesita?
A/ Documentación co comprador e vendedor:
• No caso de adquisición a un compravenda, cumprimentarase os datos de identidade e enderezo do comprador, do vendedor e do compravenda. Se son varios os solicitantes, presentarase tantas solicitudes como peticionarios, pagando unha soa taxa. • Abona-la taxa polo importe legalmente establecido. • Orixinal do DNI en vigor do vendedor e do comprador. No seu defecto, resgardo da solicitude de renovación, acompañado doutro documento oficial (Pasaporte, permiso de conducir, etc.) • No suposto de menores ou incapacitados, deberá constar ademais sinatura de quen o represente, a documentación que acredite a representación e o orixinal do seu DNI. Se este non se persoa, terá que aparece-la súa sinatura. • No suposto de estranxeiros, orixinal da tarxeta de residencia en vigor. En caso de carecer dela, presentará documento de identidade do país de orixe ou pasaporte e, ademais, xustificará o seu domicilio en España, mediante certificado de empadroamento, documento de propiedade, alugamento de vivenda ou tarxeta do censo. En todo caso, número de identificación de estranxeiro (NIE). • No suposto de persoas xurídicas, orixinal do NIF do apoderado e documento que acredite poder actuar no seu nome (poder notarial, escrituras orixinais de constitución, etc.).
Nota: Se o vendedor notificou previamente a transferencia á Xefatura Provincial de Tráfico, suposto no que vostede non pode te-lo permiso de circulación orixinal, non será necesario aportar ningunha documentación referida ó vendedor, nin a súa sinatura na solicitude.
B/ Documentación do vehículo:
• Permiso ou Licencia de Circulación si a transferencia é conxunta. • Tarxeta de inspección técnica en vigor ou certificado de características si é un ciclomotor. • Orixinal do pago do imposto sobre transmisións patrimoniais ou xustificante da súa exención ou non suxeición. • Os vehículos que na súa primeira matriculación tiveran exención do Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte e se solicitou a transmisión antes de transcorridos 4 anos dende a súa matriculación aportarán o xustificante de pago deste imposto, agás os casos de cambio de residencia que o prazo é de 12 meses. • Orixinal e fotocopia do xustificante do pago de exención do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano en curso, (documento que se pode conseguir na oficina de recadación municipal, rúa Santa Lucía 4, baixo. Horario de atención ó público de 09:00 a 13:30 de luns a venres) • Orixinal e fotocopia do documento que acredite a adquisición, agás se houbo notificación previa da transmisión ou se presenta de forma conxunta. No caso de adquisición a un compravenda sempre deberá presentarse este documento. • Se se trata dun vehículo especial agrícola, documento acreditativo da Baixa e Alta no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, agás caso de notificación de transmisión previa, neste caso soamente a Alta. • Se son vehículos de transporte de viaxeiros cunha capacidade superior a 9 prazas, incluída o do conductor, así como dos vehículos de transportes de mercadorías ou mixtos cun peso máximo autorizado superior a 6 toneladas e unha capacidade de carga que exceda de 3,5 toneladas incluída a cabeza tractora, será necesario aportar Certificado da Consellería de Transportes.
CASOS ESPECIAIS
A/ No caso de que o titular falecese:
Aportaranse os mesmos documentos da transferencia e ademais:
• Imposto de sucesións no lugar de transmisións. No caso de non posuír exemplar para a administración, fotocopia do mesmo. • Certificado de defunción e libro de familia onde conste o falecemento. • Testamento, Declaración de Herdeiros, ou Caderno Particional no seu defecto. • Se non se efectuou a adquisición hereditaria poderase facer a inscrición provisional, non sendo necesario aporta-lo correspondente imposto de Facenda.
B/ No caso de que o vehículo fora adxudicado xudicialmente ou por poxa:
Aportaranse os mesmos documentos que para unha transferencia e ademais: • Orixinal e fotocopia da Acta de Adxudicación que substituirá os requisitos do vendedor.
C/ No caso de que se trate de vehículos importados á Península dende Gran Canaria, Tenerife, Ceuta ou Melilla:
Aportarase os mesmos documentos que para unha transferencia e ademais: • Certificado de aduanas que acredite o cumprimento das obrigacións tributarias.
AVISO: Cando a documentación non sexa presentada polo comprador do vehículo, a persoa que o represente aportará:
• O seu DNI orixinal. • Autorización do comprador para realiza-lo trámite, onde exprese o carácter gratuíto da citada representación.
¿Onde se tramita?
Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra Rúa Joaquín Costa, 54 – Pontevedra. Tlf. 986 851 597. Horario de atención ó público: 09:00 a 13:30 horas.