Cando se constitúe unha asociación con fins asistenciais, educativos, culturais, deportivos, ou calquera outro que tendan a promove-lo ben común, poderán ser recoñecidas, se así o solicitan, como asociacións de utilidade pública. Esto pódeo facer calquera dos representantes da asociación.
As asociacións que desexen constituír federación con outras entidades deberá solicitalo igualmente na Delegación provincial da Consellería de Xustiza.
Deberá poñerse en coñecemento da mesma delegación provincial as asociacións de carácter temporal que pretendan promover subscricións ou cuestións públicas, festivais benéficos e iniciativas análogas dedicadas a destinar fondos con fins lícitos e determinados.
A inscrición das asociacións faise a efectos de publicidade no Rexistro Provincial de Asociacións da Xunta de Galicia.
¿Que se necesita?
• Solicitude normalizada. • Acta de Constitución (3 exemplares), asinada polo menos por dous promotores, con expresión dos datos persoais de identificación (nome, apelidos, DNI e domicilio). • Estatutos (3 exemplares), asinados polos promotores en tódalas follas, nos tres exemplares.
¿Onde se tramita?
Na Consellería de Xustiza. Rúa Roma, s/n Polígono de Fontiñas – Area Central 15703 Santiago de Compostela. Teléfono:. 981 546 410. Horario de atención ó público: 09:00 a 13:30 horas.
Tamén se pode facer na Delegación provincial da mesma consellería.