Documento para poder viaxar o estranxeiro, agás países da C.E.
¿Que se necesita?
A/ Expedición por primeira vez.
Ademais do pago da correspondente taxa,
• Maiores de idade o DNI en vigor. Se está caducado deberá acompañarse do resgardo de estar tramitando a renovación. o Dúas fotografías tamaño carné. o Si se inclúe fillos menores de 14 anos, necesitará ademais o Libro de Familia ou no seu caso a partida de nacemento, expedida polo Rexistro Civil. • Menores de idade (non é necesaria a súa presencia). o 2 fotografías tamaño carné. o A autorización dunha das persoas que ostenta a patria potestade (pai, nai ou titor), que deberá comparecer na oficina expedidora. o Os menores en acollida necesitarán a autorización do servicio correspondente da Comunidade Autónoma que exerza a titoría. o Libro de familia ou no seu caso a Partida de Nacemento. o DNI do pai, da nai ou do titor. o Para os menores de 14 anos que xa posúan o DNI pódese optar por presentar este documento ou o do pai, da nai ou do titor.
Nota: A partir dos 14 anos é obrigatorio face-lo carné de identidade. Renovación do pasaporte
B/ Renovación por caducidade:
• Dúas fotografías tamaño carné. • Pasaporte anterior. • Pago da correspondente taxa. • Os residentes en España, no caso de cambio de domicilio respecto do que figure no Documento anterior: certificado do Padrón Municipal de Habitantes. • Os residentes no Estranxeiro: un certificado acreditando a residencia, expedido polo consulado español onde estea inscrito. • No caso de variación de datos de filiación, Partida de Nacemento Literal.
C/ Renovación por substracción ou extravío:
• Presenta-la denuncia efectuada á Policía pola subtracción ou extravío do mesmo. • A presencia física do solicitante é imprescindible en tódolos casos, aínda que se trate de menores de curta idade, agás cando se estea no pasaporte dos seus pais ou dos titores. • Para os efectos do domicilio, cando sexa distinto do que figure no DNI, deberase acreditar mediante certificado do padrón municipal, sendo obrigatoria nestes casos a renovación do DNI por cambio de domicilio.
Para a recollida do pasaporte será necesario presenta-lo resgardo, e podera-lo facer calquera persoa sempre que presente o resgardo e a oportuna autorización por escrito.
¿Onde se tramita?
Comisaría da Policía de Vilagarcía de Arousa Rúa Castelao, 13-baixo - 36600 Tlf. 986-511-800 Horario de atención ó público: 09:00 a 14:00 horas.