Documento que acredita o número de placa que vai te-lo seu ciclomotor.
¿Que se necesita?
• Solicitude subscrita polo interesado en impreso modelo oficial facilitado pola Xefatura de Tráfico; onde deberá constar o número de placa municipal (no caso de que a posúa). Si o solicitante é menor de idade ou incapacitado, deberán constar na solicitude, ademais, os datos e a sinatura da persoa que o representa, así como o concepto no que o fai, aportando fotocopia do DNI. • DNI, Pasaporte ou Tarxeta de Residencia e fotocopia do solicitante. • Certificado de características e dúas fotocopias. • Xustificante do pago ou exención do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e fotocopia, (documento que se pode conseguir na oficina de Intervención do Concello. • Taxa regulamentaria, (non será pagada por aqueles ciclomotores inscritos nos rexistros dos concellos).
AVISO: Cando a documentación non sexa presentada polo interesado, a persoa que o representa aportará:
• Autorización do interesado para realiza-lo trámite. • Orixinal e fotocopia do D.N.I., tanto do titular como o seu propio.
¿Onde se tramita?
Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra Rúa Joaquín Costa, nº 54 - Pontevedra Tlf. 986-851-597 Horario de atención ó público: 09:00 a 13:30