• 2 fotografías tamaño carné. • Certificado en extracto da partida de nacemento expedida polo Rexistro Civil (Avda. da Mariña, 11- baixo), para o efecto da obtención do Documento Nacional de Identidade, ou Certificado no seu caso de inscrición da nacionalidade española, expedido polo Rexistro Civil correspondente. • Cando o solicitante sexa menor de idade ou incapacitado (avalado por un certificado médico), a persoa que o represente acreditará o enderezo deste e amosará o seu DNI en vigor, que quedará consignado na solicitude. • Pago da correspondente taxa.
B/ Renovación:
• Por caducidade. o Dúas fotografías tamaño carné. o DNI anterior. o Pago da correspondente taxa. o Os residentes en España, no caso de cambio de domicilio respecto do que figure no documento anterior: partida de nacemento literal. o Os residentes no Estranxeiro: un certificado acreditando a residencia, expedido polo consulado español onde estea inscrito. No caso de variación de datos de filiación, Certificado do Rexistro Civil.
• Por subtracción ou extravío: o No caso de renovación por substracción ou extravío (cando non poida presenta-lo documento anterior), o solicitante deberá cumprimentar ademais un impreso ó efecto que se lle entregará na oficina onde o solicite, debendo aportar outra fotografía, que xunto a súa sinatura e a súa impresión dactilar, servirá para comproba-la súa personalidade.
NOTAS IMPORTANTES: • A obtención do DNI é obrigatoria a partir dos 14 anos. • A renovación do DNI pódese solicitar 3 meses antes da data da súa caducidade. • Para recolle-lo DNI será necesario a presentación do resgardo e a entrega do DNI anterior, e poderá facelo calquera persoa sempre que presente o resgardo e a oportuna autorización.
¿Onde se tramita?
Comisaría de Policía de Vilagarcía de Arousa Rúa Castelao, 13-baixo - 36600 Tlf. 986-51-18-00 Horario de atención ó público: 09:00 a 14:00 horas.