Trámite polo cal un cidadán pode altera-lo seu nome ou os seus apelidos. Pode solicita-lo toda persoa que teña unha causa lexítima para realiza-la modificación, e sen que esto supoña prexuízo a terceiros. En ningún caso pode realizarse de forma arbitraria.
¿Que se necesita?
O expediente iníciase mediante solicitude escrita e dirixida ó ministro de Xustiza ou director xeral dos Rexistros e do Notariado, acompañada dos seguintes documentos:
• Certificación literal da inscrición de nacemento do interesado. • Proba documental que acredite, no seu caso, o uso ou calquera circunstancia no que se base a petición. • En xeral, xa que hai diversos supostos, convén aportar partida de bautismo e a proposición de testemuñas, así como os correspondentes certificados das Reais Academias das correspondentes linguas autonómicas para o suposto de adaptación de apelido(s) a tales linguas.
¿Onde se tramita?
Rexistro Civil de Vilagarcía Avda da Mariña, 11 – Baixo Vilagarcía de Arousa – 36.600 Horario de atención ó público: 10:00 a 13:00