Alteracións de carácter xurídico nos Bens Inmobles de Natureza Urbana ou Rústica.
¿Que é?
Trátase de cambia-la titularidade no recibo do Imposto de Bens Inmobles como consecuencia dunha compravenda, herdanza, doazón, etc.
¿Que se necesita?
Requírese con carácter xeral fotocopia do D.N.I. e o último recibo satisfeito de Bens Inmobles para tódolos casos.
Cumprimenta-la declaración no modelo “Alteración do titular catastral dos bens inmobles de Natureza Urbana (modelo 901), ou ben no modelo “Alteración do titular catastral dos bens inmobles de Natureza Rústica (modelo 903), acompañado dos seguintes documentos:
i. Fotocopia do último recibo ou xustificante de pagamento do imposto sobre bens inmobles do inmoble obxecto de transmisión ou alteración. ii. Impreso xustificante do pagamento da taxa por inscrición catastral, no que conste a liquidación correspondente, agás que a declaración se refira a unha transmisión de dominio. iii. Orixinal e fotocopia do documento que orixine a alteración ben sexa escritura pública, contrato privado ou outros. iv. Fotocopia do DNI.
¿Onde se tramita?
Na Delegación da Axencia Estatal de Administracións Tributarias de Vilagarcía. Peirao de Pasaxeiros, nº8. Horario de atención ó público: 09:00 a 14:00 horas.
NORMATIVA:
I.2 - Ordenanza fiscal Nº I.2 Reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI)