Solicitude de baixa ou instancia dirixida ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello fundamentando ou alegando que o inmoble non reúne condicións de habitabilidade ou que presenta estado de ruína (que se informará polos servicios técnicos municipais), ou por cese das actividades comerciais, industriais ou profesionais. As instancias poderanse conseguir na oficina de información ó público do Concello de Vilagarcía de Arousa (primeiro andar), en horario de 9.00 a 14.00 horas.
¿Quen pode presenta-la solicitude?
Os propietarios dos inmobles ou os seus representantes.
¿Onde se tramita?
As solicitudes ou instancias presentaranse no Rexistro do Concello (primeiro andar), en horario de 9.00 a 14.00 horas.
NORMATIVA:
II.10 -Ordenanza fiscal Nº II.10 Reguladora da taxa por recollida do lixo