O subministro de auga a un edificio require unha instalación composta de acometida, instalación interior xeral, contador e instalación interior particular.
A acometida é a tubaría que enlaza a instalación xeral interior coa tubaría da rede de distribución.
¿Que se necesita?
Solicitude de acometida de auga potable (documento que se poderá conseguir no Rexistro do Concello, 2ª Planta). Implica o pago das taxas correspondentes.
Unha vez autorizada a conexión, Espina e Delfín, SL executará a obra a conta do interesado, aplicando o cadro de prezos aprobado pola Comisión de Goberno. O pago da acometida farase nas oficinas da concesionaria.
¿Onde se tramita?
As solicitudes e as cartas de pago presentaranse no Concello por Rexistro (2ª Planta. Horario de 9.00 a 14.00 horas).