Os titulares da licencia municipal deberán inscribirse no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, que se establece con esta finalidade, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da licencia.
¿Que se necesita?
• Datos persoais do posuidor: nome, enderezo habitual, número de documento de identidade e teléfono de contacto. • Características do animal que fagan posible a súa identificación: idade, especie, características externas e número de microchip. • Lugar habitual de residencia do animal. • Función /aptitude do animal (compañía ou garda, defensa, caza). Face-la inscrición previa.
¿Onde se tramita?
As solicitudes entregaranse no Rexistro do Concello. Planta 2ª. Horario: de 9,30 a 13,30 horas.