Licenza para a posesión de Cans Potencialmente Perigosos.
¿Que é?
Considéranse animais potencialmente perigosos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia todos aqueles que, pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da súa condición, natureza, especie ou raza, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasiona-la morte ou lesión ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás cousas.
¿Cales son os animais “potencialmente perigosos”?
Enténdese por cans “potencialmente perigosos” aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes:
• Cans que tiveran algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas. • Cans que foran adestrados para a garda e defensa. • Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e defensa, e en concreto os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Bordeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquin (Ca de Bou), Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu, Akita Inu. Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre si ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas. • Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. Esta agresividade será apreciada por autoridade competente, de oficio ou logo de notificación ou denuncia e logo de informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
¿Cales son as obrigas dos propietarios?
A tenza dos animais potencialmente perigosos requirirá a obtención previa dunha licenza administrativa outorgada polo Concello. Licenza que deberá ser renovada cada cinco anos. Ademais, os donos teñen que cumprir con estas obrigas:
• Inscribirse no Rexistro Municipal Potencialmente Perigosos, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da licencia. • Identifica-los animais cun microchip nos seus tres primeiros meses de vida ou nun mes despois da súa adquisición. • Achega-la documentación acreditativa da obtención da licenza municipal e a información necesaria ó veterinario actuante, para a súa inscrición no rexistro Galego de Indentificación de Animais Potencialmente Perigosos, dependente da Consellería de Medio Ambiente. • Comunicar ó Rexistro Galego de Identificación de Animais Potencialmente Perigosos, a realización da castración ou esterilización do animal, así como calquera variación dos datos do rexistro, no prazo de 15 días desde que se produza a modificación que proceda rexistrar.
¿Que se necesita?
A tenza de animais potencialmente perigosos requirirá a obtención previa dunha licenza administrativa outorgada por este Concello. Para a obtención desta licenza requirirase a acreditación do cumprimento do interesado dos seguintes requisitos:
• Acreditación de ser maior de idade, mediante fotocopia compulsada do documento de identidade ou pasaporte. • Certificado de penais que acredite que non foi condenado por delictos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos. • Certificado de que non foi sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no artigo 13 parágrafo 3 da Lei 50/1999, sobre o réxime xurídico de animais potencialmente perigosos. (Este certificado deberá solicitarse na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra, situada na Rúa Benito Corbal nº 47-5º, teléfono 986-805469, podendo tamén solicitarse vía fax no número 986-805436. Nesta solicitude poderá pedirse o envío ó domicilio do interesado do mencionado certificado sempre que se faga constar na solicitude claramente o domicilio e o número de teléfono do interesado). • Certificado de aptitude física e psicolóxica expedido por un centro de recoñecemento debidamente autorizado acreditativo de dispoñer de capacidade física e aptitude psicolóxica para a tenza de animais potencialmente perigosos. • Fotocopia compulsada da póliza dun seguro de responsabilidade civil por danos que o animal poida causar a terceiros cunha cobertura mínima de cento vintecinco mil euros (125 000 euros). • Unha memoria descritiva das instalacións e das medidas de seguridade utilizadas para impedir a fuxida dos animais, memoria que deberá estar subscrita por veterinarios, biólogos ou outros facultativos superiores ou medios nos que nos seus plans de estudios quede acreditado o coñecemento ou estudio de etoloxía animal.
¿Onde se tramita?
As solicitudes entregaranse no Rexistro do Concello, 2ª Planta. Horario de 9.00 a 14.00 horas.