As escolas deportivas municipais teñen coma obxectivo promove-la práctica do deporte entre os nenos en idade escolar, realizando varias sesións semanais dun mínimo de dous deportes da súa elección.
As actividades desenvólvense ó longo de todo o curso escolar, en colaboración cos clubs da cidade e as Asociacións de Pais de cada centro escolar. Os nenos divídense en tres grupos, segundo a súa idade:
• Escola multideportiva. Destinada ós nenos de 6 a 8 anos. Nela practícanse moi diferentes disciplinas: ademais dos individuais e colectivos máis habituais (fútbol, tenis, atletismo e outros), os cativos coñecen tamén deportes alternativos, cooperativos e de relación. Con esta actividade de pre-deporte, por riba de desenvolver a súa psicomotricidade, os nenos melloran a súa socialización a través da práctica de deportes en equipo. • Escolas deportivas de base. Programadas para nenos de 9 e 12 anos. Estes rapaces poden escolle-los dous deportes que prefiran para a súa práctica. Ademáis dos deportes máis populares, como fútbol, baloncesto, atletismo, tenis ou voleibol, tamén poden iniciarse noutros como patinaxe, rugby, hockey, golf, tenis de mesa, ciclismo, aeróbic, béisbol e judo. • Escola “Vive o Deporte”. Para xoves de 13 a 17 anos. Desenvólvese nas fins de semana, sábados pola mañán e tarde, organizada directamente pola Fundación. As actividades previstas son competicións de baloncesto, fútbol sala, tenis; clases de patinaxe; e saídas de sendeirismo e moutain-bike. Ademais, a Fundación copatrocina a participación dos xoves na Semana da Neve de Andorra e na Semana da Zona Azul en Asturias.
¿Que se necesita?
• Estar entre os límites da idade requerida para cada actividade. • Cubri-lo impreso de solicitude que lle facilitarán na Fundación de Deportes. • DNI, se o ten, ou Libro de Familia. • Xustificante de pago das taxas correspondentes (en calquera das oficinas de Caixanova no municipio, na conta da Fundación de Deportes). Se o interesado é posuidor do Carné da Fundación estará exento de efectuar este pago, pois o carné xa inclúe a participación nas escolas.
¿Onde se tramita?
Na Fundación de Deportes. Recinto Multiusos de Fexdega. T: 986 566 898 Horario de atención ó público: De luns a venres, de 8.30 a 14.30h.