_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello mellorará este ano o camiño que une as rúas Antuín e Carballos, en Cea

O camiño rural que une as rúas Antuín e Carballos, na parroquia de Cea, será obxecto dunha actuación de mellora prevista polo Concello para a súa execución este mesmo ano. As obras previstas suporán o acondicionamento da actual pista de xabre para o seu asfaltado, o que facilitará o tránsito dos numerosos vehículos, especialmente agrícolas, que o transitan habitualmente. A actuación precisa dun investimento de 57.854 euros que se financiarán a través das axudas do Plan de Mellora de camiños Rurais da Agader.
12.02.2018.- O camiño, sito no lugar de Carballido, ten na actualidade unha superficie de xabre que se deteriora moi facilmente co arrastre e a erosión que nel producen as choivas. Como consecuencia das escorrentas das augas aparecen surcos lonxitudinais que dificultan o tránsito de persoas e vehículos, especialmente da maquinaria agrícola das explotacións agrarias ás que da servizo o camiño.

A Xunta de Goberno Local xa aprobou o proxecto redactado polo Enxeñeiro Municipal. No documento prevense actuacións de desbroce, formación de cunetas e nivelación da superficie a tratar, a instalación de sistema de drenaxe superficial da explanada na parte baixa do camiño e a formación de cuneta de formigón para o drenaxe lonxitudinal da vía. Finalmente procederase ao asfaltado da capa de rodadura.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -